MENÚ INICIO

ARTISTAS 2018


treixadura17
TREIXADURA, a gran referencia da música tradicional en Galicia

Dende 1990 TREIXADURA é sinónimo de música tradicional; ritmos, cantos e instrumentos galegos que encaixan tanto nas romarías máis populares como nas festas e eventos urbanos, co obxectivo de que o público goce bailando, cantando e escoitando a música dos seus 15 compoñentes. Foron anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado e diversas colaboracións discográficas, aválannos. Foron anos compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo. Foron galardoados como Mellor Grupo de Música tradicional Galega nos Premios Galegos da Música "Martín Códax" 2013. No 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa esquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo a prol da recuperación da música tradicional galega
O seu novo espectáculo está baseado no traballo discográfico "Vendima Tarda" co que celebraron o seu 25 aniversario en 2015, xunto con novas pezas que formarán parte dun próximo disco no que xa están traballando.

TREIXADURA, la gran referencia de la música tradicional en Galicia
Desde 1990 TREIXADURA es sinónimo de música tradicional; ritmos, cantos e instrumentos gallegos que encajan tanto en las romerías más populares como en las fiestas y eventos urbanos, con el objetivo de que el público disfrute bailando, cantando y escuchando la música de sus 15 componentes. Fueron años de grabaciones y conciertos, 6 discos en el mercado y diversas colaboraciones discográficas, los avalan. Fueron años compartiendo con el público el poder y la fuerza evocadora, mágica y reconfortante del canto colectivo. Fueron galardonados como Mellor Grupo de Música tradicional Galega en los Premios Galegos da Música "Martín Códax" 2013. En 2014 recibieron el homenaje de la Asociación de Funcionarios para la Normalización Lingüística por su esquisitez en el tratamiento musical y escénico de nuestro folclore y su trabajo para la recuperación de la música tradicional gallega.
Su nuevo espectáculo está basado en el traballo discográfico "Vendima Tarda" con el que celebraron su 25 aniversario en 2015, junto con nuevas piezas que formarán parte de un próximo disco en el que ya están trabajando.

https://www.youtube.com/watch?v=EA09AykKMJk
Treixadura web





O percusionista Xosé Lois Romero leva tempo traballando cun grupo de músicos consolidados no eido do folclore que, despois de anos de formación, dan un paso adiante para, trala gravación dun disco homónimo no 2016, ofrecer un espectáculo escénico rigoroso e profesional tanto no concepto como na posta en escena.

Aliboria é un colectivo de novos músicos galegos, dirixidos por Xosé Lois Romero, que reinventan os cantos e os ritmos enxebres de Galicia conxuntando as potentes voces das súas vocalistas cuns novos arranxos para percusión tradicional cheos de forza, raza e terra.

As mulleres e homes que conforman Aliboria representan unha nova xeración de músicos cun coñecemento profundo do seu folclore e cunha gran calidade técnica, un equipo perfecto para que o mestre Romero dea un novo paso adiante na evolución da música popular galega, que está a vivir o seu momento máis fértil e en permanente proceso de actualización.

A música de Aliboria combina as voces ancestrais da tradición oral de Galicia coa forza e o colorismo multitímbrico da percusión tradicional, todo tinguido coa frescura e a enerxía que a xuventude dos seus membros lle aporta. Bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores, sachos, perfectamente conxunguidos cos cantos, os aturuxos, os bailes e a diversión.

CASTELLANO:

El percusionista Xosé Lois Romero lleva tiempo trabajando con un grupo de músicos consolidados en el campo del folclore gallego que, después de años de formación, dan un paso adelante para, tras la grabación de un disco homónimo en el 2016, ofrecer un espectáculo escénico riguroso y profesional tanto en el concepto como en la puesta en escena.

Aliboria es un colectivo de nuevos músicos gallegos, dirigidos por Xosé Lois Romero, que reinventan los cantos y los ritmos tradicionales de Galicia conjuntando las potentes voces de sus vocalistas con unos nuevos arreglos para percusión tradicional llenos de fuerza, raza y tierra.

Las mujeres y hombres que conforman Aliboria representan una nueva generación de músicos con un conocimiento profundo de su folclore y una gran calidad técnica; un equipo perfecto para que el maestro Romero dé un nuevo paso adelante en la evolución de la música popular gallega, que está viviendo su momento más fértil y en permanente proceso de actualización. 

La música de Aliboria combina las voces ancestrales de la tradición oral de Galicia con la fuerza y el colorismo multitímbrico de la percusión tradicional, todo unido con la frescura y la energía que la juventud de sus miembros le aportan. Bombos, pandeiros, pandeiras, tixolas, tarrañolas, cunchas, pandeiretas, latas, tambores, sachos, perfectamente conjugados con los cantos, los “aturuxos”, los bailes y la diversión.

VÍDEOS DE XOSÉ LOIS ROMERO & ALIBORIA
https://www.youtube.com/watch?v=_qtlHZzplb0 (Premios Opinión. Teatro Rosalía Castro. A Coruña)
https://www.youtube.com/watch?v=h24k_FjC3s4 (Pza. da Quintana en Santiago)
https://www.youtube.com/watch?v=lmUAsQCJ7SI (Folión na Pza. da Quintana)
https://www.youtube.com/watch?v=0UJtF3P1sDU
(TVG, Luar)
https://www.youtube.com/watch?v=hlQKzpPbGF4 (TVG, Bamboleo)


OUTROS ARTISTAS EN DISTRIBUCIÓN

cristinapato5

Cristina Pato Web      EN COLABORACIÓN CON ZOUMA PRODUCCIONES


mariadoceo15

María do Ceo web      EN COLABORACIÓN CON ZOUMA PRODUCCIONES


anxolorenzo

Anxo Lorenzo Web                      EN COLABORACIÓN CON ZOUMA PRODUCCIONES


rustica

CRISTINA PATO, DAVIDE SALVADO, ANXO PINTOS, ROBERTO COMESAÑA

"Mens" https://www.youtube.com/watch?v=ReuGdABDKoI    EN COLABORACIÓN CON ZOUMA PRODUCCIONES
                                              Falan os músicos: https://www.youtube.com/watch?v=z07_VPhcAQc



IN MEMORIAN

fran4

D.E.P.
NARF FALECEU O 15 DE NOVEMBRO DE 2016 AOS 48 ANOS DE IDADE. A MIÑA HOMENAXE E RECORDO POR SEMPRE
NARF FALLECIÓ EL 15 DE NOVIEMBRE DE 2016 A LOS 48 AÑOS DE EDAD
. MI HOMENAJE Y RECUERDO POR SIEMPRE
FRAN PÉREZ “NARF”
Despois de máis de vinte anos no mundo da música e formar parte de diversas bandas de rock Fran Pérez, artista relacionado dende sempre co mundo da cultura teatral e musical, creou no ano 2004 o concepto NARF.
O proxecto do polifacético músico rompeu as barreiras e converteuse nunha das aventuras musicais máis interesantes da última década en Galicia. Un artista inquedo, que investigaba o ritmo e a harmonía. Nomeado como Mellor Artista de Rock nos Premios Galegos da Música "Martín Códax" 2013.
FRAN PÉREZ NARF”
Después de más de veinte años en el mundo de la música y formar parte de diversas bandas de rock Fran Pérez, artista relacionado desde siempre con mundo de la cultura teatral y musical, creó en el año 2004 el concepto NARF.
El proyecto del polifacético músico rompió las barreras y se convirtió en una de las aventuras musicales más interesantes de la última década en Galicia. Se trataba de un artista inquieto, que investigaba el ritmo y la armonía.. Premiado como Mejor Artista de Rock en los Premios Galegos da Música "Martín Códax" 2013.
Fran Pérez "Narf" Web      Vídeo Fran pérez “NARF”



MENÚ INICIO